Proyecto de recuperación ambiental de la Charca de Abanqueiro y Laguna de Carragueiros (Boiro)

O Concello de Boiro (A Coruña), consciente dos valores naturais e das ameazas que penden sobre dous humidais do Concello (a Charca de Abanqueiro e a Lagoa de Carragueiros) solicítalle á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible un plano de recuperación e protección de ambos humidais. En consecuencia, elabórase o presente proxecto de recuperación distas dúas zonas húmidas. En datas anteriores os humedais foran xa obxecto de proxectos de recuperación parcial, sendo particularmente importante o desenvolto pola Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) no entorno de Carragueiros.

INTRODUCCIÓN

A Charca de Abanqueiro é un pequeno humidal situado na parroquia do mesmo nome de orixe antrópica pois trátase dunha antiga telleira. Pola contra a lagoa de Carragueiros é un pequeno humidal de trasduna.

As superficies de ambos humidais é de 2,30 hectáreas aproximadamente para a Charca de Abanqueiro e de 3,9 hectáreas aproximadamente para a lagoa de Carragueiros e o seu entorno.

TAREFAS REALIZADAS

Durante o ano 2006 realízanse diferentes tarefas encamiñadas a determinar os valores naturais de ambos humidais, coñecer as posibles ameazas e causas de degradación ambiental e por último propoñer as actuacións pertinentes co fin de preservar a biodiversidade e valores naturais de ambos humidais. Estas tarefas consisten fundamentalmente en:

1. Caracterización e análise da calidade da auga.

2. Inventariación de flora e vexetación.

3. Caracterización de hábitats.

4. Inventariación faunística

5. Análise do sistema hidrolóxico.

6. Análise do uso público.

CONCLUSIÓNS E DIAGNOSE

Obtéñense as seguintes conclusións que nos permiten realizar unha diagnose certeira do estado de ambos humidais co fin de propoñer unha serie de liñas de acción concretas para a súa conservación:

Calidade das augas

  • A calidade das augas de ambos humidais é boa pois non presenta contribución antrópica de tipo urbán ou agrícola.
  • O pH, entre 6,5 e 6,6 indícanos que estamos ante humidais de caracter oligotrófico. 
  • Ambos humidais existe unha importante influencia do ambiente mariño. 
  • A DQO da Charca de Abanqueiro polo que a materia orgánica deste humidal ten unha difícil degradación por parte dos microorganismos.

​Flora e vexetación

Atópanse un total de 190 especies vexetais entre os dous humidais das cales 32 son especies exóticas, é dicir, introducidas ou alóctonas.

Charca de Abanqueiro

  • A Charca de Abanqueiro presente fudamentalmente dúas formacións vexetais: un bosque húmido moi denso fundamentlamente composto por ameneiros (Alnus glutinosa) e salgueiros (Salix atrocinerea) e un denso espadanar (Typha latifolia).​
  • Atopamos unha serie de hábitats recollidos no Anexo I da Directiva de hábitats:
    • 91E0 (ameneirais pantanosos, Hábitat prioritario),
    • 6210 (Marciegales oligo-mesótrofos de lirios amarelos e carex portugués)
    • 9230 (Carballeiras galaico-portuguesas de Quercus robur e Quercus pirenaica).
  • A evolución natural do espadanar, non sometido actualmente a ningún uso, fará que este deveña nun denso salgueiral no caso de non intervir, desaparecendo finalmente o espadanar e dende logo as augas libres, perdéndose así diversidade estructural e diversidade biolóxica no conxunto do espacio. É prioritario actuar neste eido.
  • Atópanse numerosas especies exóticas invasoras como Tradeschantia fluminensis, Robinia pseudoacacia, Paspalum vaginatum, etc.

Complexo húmido de Carragueiros.

  • O diversidade estructural e de formacións do Complexo Húmido de Carragueiros é elvada pois atópase nunha zona de transición entre os ambientes mariño e terretre. Deste xeito atopamos: lagoas e vexetación higrófila, dunas embrionarias, primarias e secundarias, marisma, salgueirais, bosques aluviais, prados húmidos e cultivos.
  • Atopamos diferentes hábitats de interese comunitario (Anexo I da Directiva de Hábitats):
    • 1410 (prados salgados mediterráneos),
    • 1551 (marismas salgadas con Juncus matitimus),
    • 1420 ( Matos halófilos mediterráneos e termoatlánticos),
    • 2120 (dunas móbiles embrionarias),
    • 2120 (dunas móbiles costeiras, subtipo 16.2121),
    • 2130 (dunas costeiras fixas, subtipo 16.223 que é prioritario para a Unión europea e moi ameazado polo paso de vehículos, quads, motos, etc.),
    • 133031 (prados salgados atlánticos, xunqueiras),
    • 1150 (lagoas costeiras que é Hábitat prioritario para a Unión Europea),
    • 91E0 (ameneirais pantanosos, Hábitat prioritario para a Unión Europea),
    • 6210 (Marciegais oligo-mesotrófos de lirios amarelos e carex portugués),
    • 6420 (Prados húmidos mediterráneos).
  • Atopamos unha gran variedade de especies vexetais alóctonas invasoras como Cotula coronopifolia, Tetragonia tetragonoides, o peligrosísimo Ailanthus altissima (árbore do ceo), Panincum repens, Paspalum vaginatum, Populus nigra, Salix babilónica, Alnus incana, Stenotaphrum secundatum, Arundo donax, etc.
  • O paso de vehículos, motos, quads, etc. polas dunas secundarias destrúe este hábitat e limita a súa riqueza biolóxica.
  • Dúas especies invasoras, Panincum repens e Paspalum vaginatum, están a invadir as augas libres das lagoas presentes dende solo firme cara ao interior polo que están a eliminar completamente a diversidade biolóxica nestes puntos e córrese o risco inminente de que a masa de auga libre, como tal, desaparezan por completo. Cumpre actuar de inmediato neste eido. A presencia de Cortaderia selloana pode ser perigosa no futuro.

Fauna

  • A comunidade faunística de vertebrados está composta por 90 especies distribuíndose estas do seguinte xeito:
    • Peixes: 1 especie
    • Anfibios: 9 especies
    • Réptiles: 8 especies
    • Aves (nidificantes): 58 especies
    • Mamíferos: 14 especies.
  • Pódese concluír que ambos humidais son importantes reservorios faunísticos a nivel local pois conteñen especies non representadas
  • noutras áreas do Concello.
  • A comunidade faunística é máis rica no Complexo Húmido de Carragueiros que na Charca de Abanqueiro debido a maior diversidade estructural.
  • Ambos humidais teñen gran importancia para a conservación dos anfibios posto que supoñen importantes áreas de cría.
  • A riqueza faunística vese moi mermada por diferentes razóns. No caso da Charca de Abanqueiro, a limitada diversidade estructural, onde practicamente non quedan a penas augas libres, fai que a diversidade faunística sexa tamén máis pequena. No caso do Complexo húmido de Carragueiros, a existencia de pistas e fincas privadas con uso recreativo intenso ao borde das lagoas limita igualmente a riqueza faunística. No caso igualmente de Carragueiros a invasión das augas libres por especies alóctonas limitan a extensión e diversidade estructural dos habitas nas mesmas lagoas. 
  • Destaca a presencia de determinadas especies ameazadas como a estroza (Hyla arborea), a lontra (Lutra lutra), o lagarto das silvas (Lacerta schreiberi),

Sistema hidrolóxico

Determínanse aqueles puntos de acumulación e fluxo de auga a través dunha aplicación SIX.

Determínanse unha serie de infraestructuras que impiden o fluxo normal de augas pluviais a ambos humidais.

No caso da Charca de Abanqueiro trátase da interposición do complexo escolar anexo. No caso do Complexo Húmido de Carragueiros, unha estrada corta as baixantes principais.

Uso público

Determínanse aqueles aspectos en canto ao uso público que puideran estar influíndo negativamente.

  • Charca de Abanqueiro

Non se atopa a penas perturbacións por parte do público. Unicamente a acumulación de escombros e lixo no extremo oeste da lagoa nunha área onde a valla que rodea a lagoa non está habilitada. O observatorio ornitolóxico ten unha ubicación correcta.

  • Complexo Húmido de Carragueiros.

Atópanse multitude de elementos de perturbación:

  • Existencia dunha pequena pista de acceso a propiedades a carón mesmo das lagoas, o que diminúe a súa capacidade de acoller vida silvestre, particularmente fauna.
  • A existencia dunha pasarela sobre o sistema dunar interfire na dinámica diste. Por outra banda esta pasarela non é utilizada polo público que abriu a súa propia vía de acceso no borde da duna (dende onde se divisa a praia e o mar).
  • Entran frecuentemente vehículos, motos e quads no entorno conformándose unha pista irregular sobre as dunas secundarias (hábitat prioritario).
  • Existe un observatorio ornitolóxico completamente inútil empregado para actividades irregulares.
  • No medio do espacio natural existen fincas perfectamente delimitadas e valladas con diferentes usos, mesmo residenciais. A permanencia desta situación limita a posibilidade de acollida de vida silvestres.

LIÑAS DE ACTUACIÓN PROPOSTAS:

Propóñense 7 grandes accións:

Charca de Abanqueiro

Acción 1. Control da Vexetación exótica.

Tanto na poza como no bosque húmido atopamos diferentes especies exóticas invasoras: Vinca difformis, Tradeschantia fluminensis e Robinia pseudoacacia (bosque húmido) e Paspalum vaginatum e Tradeschantia fluminensis (poza). Estas especies cumpre que sexan eliminadas.

Acción 2. Recuperación de augas libres e diversidade estructural.

A constancia no nivel de auga na poza de Abanqueiro provoca a invasión da mesma por parte de Typha latifolia que, de non actuarse, acabará por cubrir o conxunto da poza chegando a eliminar as augas libres, o que supón unha perda de diversidade estructural e polo tanto biolóxica. Tras a invasión de Typha latifolia, prodúcese unha colonización de Salix atrocinerea moi rápida que igualmente converterá a poza nun salgueiral. Por outra banda a DBO indica que a charca maten unha cantidade de materia orgánica que non é degradable. Proponse a apertura de augas libres eliminando superficie cuberta por Typha latifolia e parte de Salix atrocinerea.

Acción 3. Ordenación do uso público.

O uso e disfrute da Charca de Abanqueiro é unha elemento principal para a súa conservación a longo prazo. Agora ben, existen diferentes disfuncionalidades no uso que deben ser corrixidas: 

A charca está ten unha valla no seu perímetro para evitar a entrada de cans e persoas libremente. Nun punto delicado, non atopamos valla.

No citado punto atopamos lixo e entullos e mesmo algunha maceta con plantas exóticas tirada.

A información subministrada no panel informativo é insuficiente.

Os obxectivos marcados son: Completar o valado, eliminar lixo e entullos e proporcionar máis información ao visitan 

Lagoa de Carragueiros

Acción 4. Control da Vexetación exótica 1: Lagoas de Carragueiros.

Un dos problemas máis graves do Complexo húmido de Carragueiros é a invasión de dúas especies, Paspalum vaginatum e Panicum repens, que de non poñerse remedio acabarán por eliminar por completo a área de augas libres creando unha masa uniforme de ditas especies.

Igualmente a presencia de Populus nigra supón un forte impacto pois manteñen elevados consumos de auga que poden estar a diminuír os niveis freáticos.

Por outra banda na estrada que rodea ao Complexo húmido están plantados Ameneiros orientais (Alnus incana) que poden hibridar cos autóctonos polo que cumpre que sexan substituídos. Os obxectivos son: (1) eliminar aquelas especies vexetais exóticas susceptibles de causar danos nos ecosistemas, desprazando especies nativas e diminuíndo a diversidade biolóxica e (2) recuperar superficie de augas abertas.

Acción 5. Control da Vexetación exótica 2: Sistema dunar.

Atopamos diferentes especies invasora no sistema dunar procedentes de anteriores intervencións no propio sistema dunar. A especies máis perigosa é o Ailanthus altissima, particularmente invasiva. Igualmente no extremo SE da pasarela existente atopamos un núcleo de Phytolacca americana que compre ser eliminado mediante corta manual e posterior levantamento do solo. O obxectivo é eliminar aquelas especies vexetais exóticas susceptibles de causar danos nos ecosistemas, desprazando especies nativas e diminuíndo a diversidade biolóxica.

Acción 6. Xestión acceso público ao Humidal.

No espacio natural atopamos diversas fincas de caracter privado que teñen acceso por unha pista á que se chega dende o NO do conxunto. Esta pista discorre a carón das lagoas. Paralelamente, pola duna secundaria, abriuse espontaneamente un acceso polo que circulan vehículos, quads e motos estragando este hábitat. No extremo SE existe unha entrada peonil á praia que é empregada ocasionalmente por vehículos diversos quedando así comunicado o extremo NO e o SE a través da duna secundaria. Por outra banda a Dirección Xeral de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) instalou unha pasarela peonil en madeira que recorre a duna na súa totalidade para dar acceso publico á praia; esta pasarela é pouco usada debido a que dende ela non se ve a praia polo que os usuarios discurren ao borde da duna dende un punto onde si é posible visualizar a praia; por outra banda dita pasarela é excesivamente ancha.

Finalmente, existe un “observatorio ornitolóxico” que non ten utilidade ningunha polo que cumpre que sexa retirado. Os obxectivos son limitar o acceso de vehículos diversos ao conxunto do hábitat salvo para os propietarios de fincas e modificar o uso que se fai da duna por parte dos usuarios da praia para permitir un acceso máis cómodo e preservar os valores naturais da duna.

Acción 7. Recuperación da baixante principal de auga

O humidal está rodeado dunha estrada con paseo incluído e amplos aparcamentos que dan acceso ao Noroeste do Humidal e da praia. Esta estrada foi construída sen respetar ningunha baixante de auga que pode ser clave en determinados momentos do ano para o mantemento do sistema hídrico inda que a maior parte do ano aparentemente non leve auga ningunha.

Con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica

fb.png